lunes, 10 de febrero de 2020



PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS  DE FP 


Xa hai días que saíu  publicada a normativa que regula as probas de acceso aos ciclos medios e superiores. Trátase da  ORDE do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

Nós ímonos centrar nas probas de acceso aos ciclos formativos de  grao medio. Estas teñen por finalidade permitir ás persoas que carecen dos requisitos académicos necesarios para acceder directamente aos ciclos de FP porque non posúen o título de graduado en ESO, o título profesional básico nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso; poidan continuar a súa formación neste tipo de ensinanzas.

DATAS:     

Inscripción: do 7 ao 22 de marzo 
Realización da proba: 28 de mayo.

( no enlace tamén están as dos ciclos superiores)

A estructura da proba está definida no Decreto 114/2010 .  Consta de 2 partes que se organizan da seguinte maneira:

           a) Sociolingüística ( materias lingua castelá, lingua galega,ciencias sociais)
           b) Científica-técnica ( materias de tecnoloxía e ciencias da natureza)
           c) Matemática (materia de matemáticas) 

REQUISITOS: para poder presentarse, ademais de carecer de requisitos académicos  hai que ter 17 anos cumpridos  ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

No enlace seguinte:  materias das probas de acceso,  atoparás  exames de convocatorias anteriores.